CONTIDO DA REFORMA DO SUBSIDIO POR DESEMPREGO (2)

24. 11. 11

A reforma foi pactada polo goberno e os sindicatos, sen contar co apoio da patronal.

NOVIDADES:

1) Posibilidade de compatibilizar un emprego coa cobranza tanto do subsidio como da prestación contributiva.
 
2) No caso do SUBSIDIO PARA PERSOAS MAIORES DE 52 ANOS: mantén a sobrecotización baseada no 125% do salario mínimo interprofesional (SMI) para a xubilación dos perceptores maiores de 52 anos
 
3) AUMENTO DAS CONTÍAS: A reforma do subsidio establece que a contía, vinculada ao Indicador Público de Efectos de Rendas Múltiples (Iprem), será do 95% (570 euros mensuais) os seis primeiros meses; do 90% os seis meses seguintes e o 80% o resto do período, é dicir, os 480 euros actuais. Iso si, esta subida do primeiro ano de percepción aplicaríase aos novos recoñecementos deste subsidio, non aos anteriores.
 
4) SUBSIDIO ESPECÍFICO PARA VÍTIMAS DE VIOLENCIA MACHISTA.
 
5) MELLORA PARA AS PERSOAS CON TRABALLOS A TEMPO PARCIAL: contén como novidade que quen tivo empregos a tempo parcial poidan cobrar o subsidio íntegro, xa que o contrario castiga especialmente ás mulleres, pois son elas as que máis están ocupadas en traballos a xornada non completa.
 
6) Unifícanse os requisitos de acceso á RENDA AGRARIA e ao SUBSIDIO DE TRABALLADORES/AS EVENTUAIS  do Sistema Especial Agrario, sobre o cómputo recíproco de cotizacións do Plan de Fomento do Emprego Agrario (Profea), o que simplifica os requisitos de acceso e a xestión destes subsidios específicos.
 
7) Amplíase o acceso ao SUBSIDIO DE ESGOTAMENTO da prestación por desemprego, ao permitir o acceso aos menores de 45 anos sen responsabilidades familiares e unifícase a duración deste subsidio nos casos de ter responsabilidades familiares con independencia da idade no momento de esgotar a prestación.
 
8) SUBSIDIO POR COTIZACIÓNS INSUFICIENTES: Tamén se poderán acoller ao subsidio de cotizacións insuficientes quen acredite períodos cotizados inferiores a seis meses e carezan de responsabilidades familiares.
 
9) SUPRESIÓN DO MES DE ESPERA PARA A SOLICITUDE DUNHA NOVA PRESTACIÓN:mellórase a accesibilidade, xa que se suprime o mes de espera tras o esgotamento da prestación contributiva para presentar a solicitude de subsidio por esgotamento e amplíase a seis meses o prazo de solicitude: a procura de emprego non choca coa necesidade de solicitar o subsidio en prazos perentorios.
 
10) AXUDAS PARA EMIGRANTES RETORNADOS.
 
ENTRADA EN VIGOR: 1 de novembro de 2024
 
Os dereitos recoñecidos antes desta data mantéñense coa normativa anterior ata a súa extinción.