XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E EDUCACIÓN ESPECIAL

25. 05. 15

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 28 de abril de 2025 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2025/26 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2025/26, os procedementos:

– ED330B. Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

– ED330G. Aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

– ED330H. Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Beneficiarias

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como o alumnado do resto dos cursos de EE e ESO con necesidades específicas de apoio educativo que non utilicen os libros do fondo.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 20 de xuño de 2025. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2026.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250515/AnuncioG0761-290425-0001_gl.pdf

No caso das PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DA ESTRADA, podes obter máis información dirixíndote aos SERVIZOS SOCIAIS.