CONCELLO DA ESTRADA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA EVENTOS E ACTIVIDADES CULTURAIS MEDIANTE LIBRE CONCORRENCIA 2025

25. 06. 04

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA EVENTOS E ACTIVIDADES CULTURAIS MEDIANTE LIBRE CONCORRENCIA 2025

O obxecto desta convocatoria é a promoción e impulso de eventos e actividades culturais nas parroquias do Concello da Estrada e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentando a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo de este xeito a impulsar a democratización da sociedade e fomentando a defensa dos valores de igualdade de xénero e a linguaxe inclusiva.

Beneficiarios/as

Entidades privadas sen ánimo de lucro, concretamente as asociacións legalmente constituídas, inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia e no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello da Estrada, que teñan o seu domicilio social e desenvolvan as súas actividades no Concello da Estrada.

Só se poderá presentar unha solicitude por parroquia e terá que ser presentada pola Asociación de Veciños, Asociación de Mulleres Rurais ou pola Comisión de Festas debidamente constituída.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/06/04/2025040259