ADHESIÓN Á PLATAFORMA PARA LA SALUD MENTAL Y LA EMPLEABILIDAD JUVENIL

23. 06. 13

PLATAFORMA_salud-mental-logo.png

O Concello da Estrada, a través do servizo de orientación laboral e emprego, ven de adherirse recentemente á Plataforma para la Salud Mental y la Empleabilidad Juvenil de la Fundación Santa María la Real.

O 71% dos mozos percibe que a súa situación de desemprego afecta á súa saúde metal. O obxectivo da adhesión é xerar un espazo de traballo en rede con outras entidades no que mellorar os efectos que ten o desemprego na saúde mental e benestar emocional da poboación nova. Con iso, trátase de evitar a aparición de problemas psíquicos debidos á falta de emprego ou á precariedade laboral en persoas de entre 16 e 35 anos mediante accións dirixidas ao benestar emocional e á saúde mental.

Ofrécese aos mozos de entre 16 e 35 anos un espazo en liña e gratuíto no que recibirán acompañamento de persoas especializadas en saúde mental participando en sesións grupais, webinars, recursos...

Pódeste inscribir en plataformasaludmental.es

PLATAFORMA_JOVEN.jpg