Coa entrada en vigor da Lei Orgánica 1/2023, do 28 de febreiro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, publica onte no BOE, as MULLERES TEMOS UN NOVO DEREITO LABORAL: A BAIXA POR MENSTRUACIÓNS DOLOROSAS.
A lei entrara en vigor a partires do 1 DE XUÑO DE 2023.
Como funcionará a baixa por regras dolorosas:
Será o/a médico de cabeceira quen diagnostique a incapacidade por regras dolorosas e decida a duración da baixa –sen límite de días–, que estará custeada integramente polo Estado.
A regra dolorosa consiste na aparición dunha dor intensa “na parte baixa do abdome ou a nivel pélvico”, antes da menstruación ou durante esta.
A reforma da lei do aborto recolle a posibilidade de que as mulleres que sufran regras dolorosas poidan solicitar unha incapacidade temporal.
Esta medida entrará en vigor o 1 de xuño e permitirá que as mulleres que sufran este problema poidan acollerse a unha baixa laboral, financiada integramente polo Estado, durante o tempo necesario. Trátase da primeira vez que unha lei española dedica un dos seus capítulos, de forma íntegra, aos dereitos relativos á saúde menstrual.
Que se considera a regra dolorosa segundo a lei?
A lei afirma que "terá a consideración de situación especial de incapacidade temporal por continxencias comúns aquela baixa laboral en que poida atoparse a muller en caso de menstruación incapacitante secundaria ou dismenorrea secundaria asociada a patoloxías tales como endometriosis" (p.4).
A regra dolorosa, tamén coñecida como dismenorrea, consiste na aparición dunha dor intensa “na parte baixa do abdome ou a nivel pélvico”, antes da menstruación ou coincidindo con esta, que pode desaparecer ao longo do primeiro día de menstruación ou persistir durante ela, explica a Asociación Española de Xinecoloxía e Obstetricia. Esta afección inclúe síntomas como “dor abdominal, lumbalxia, náuseas, vómitos, cefalea e mesmo diarrea” e afecta, aproximadamente, a un terzo da poboación feminina, especialmente adolescentes e adultas novas.
Como funcionarán estas baixas temporais?
En primeiro lugar, as mulleres deberán acudir a un médico de cabeceira para que este analice o grao de incapacidade que lle producen as regras dolorosas e reflíctao no seu historial médico.
En función da paciente e do grao de dor que padeza, o doutor determinará a duración da baixa. Estas baixas, que recoñecen o dereito das mulleres con menstruaciones incapacitantes secundarias a unha situación especial de incapacidade temporal, regúlanse nos termos establecidos polo texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro. A nova lei do aborto modifica o texto da lei de Seguridade Social, como indica na disposición final terceira.
A disposición adicional terceira da norma sinala que a obrigación de cotizar “continuará na situación de incapacidade temporal, calquera que sexa a súa causa, incluídas as situacións especiais de incapacidade temporal por menstruación incapacitante secundaria, interrupción do embarazo, sexa voluntaria ou non, e xestación desde o día primeiro da semana trixésima novena; na de nacemento e coidado de menor; na de risco durante o embarazo e na de risco durante a lactación natural; así como nas demais situacións previstas no artigo 166 en que así se estableza regulamentariamente”.
Que duración pode ter a baixa por menstruación incapacitante?
Se a afectada conta cun historial de dores menstruales recorrentes, o médico de cabeceira pode conceder un permiso de ata un ano de validez. Segundo a norma, a diferenza doutras incapacidades temporais, os procesos por baixas médicas por menstruación incapacitante secundaria considerarán cada proceso como un novo, é dicir, sen ter en conta o que durou o proceso anterior ou a súa prórroga.