ENTENDES CAL É A DIFERENCIA ENTRE O SEPE (SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO ESTATAL) E O SPEG ( SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA)?

20. 09. 28

sepe

Enténdese por Sistema Nacional de Emprego ou SNE o conxunto de estruturas, medidas e accións necesarias para promover e desenvolver a política de emprego. O Sistema Nacional de Emprego está integrado polo Servizo Público de Emprego Estatal e os Servizos Públicos de Emprego das comunidades autónomas.

1.1. Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Organización, estrutura e competencias

O Servizo Público de Emprego Estatal ou SEPE, é un organismo autónomo dos previstos no Capítulo II do Título III da Lei 6/1977, de 14 de abril, de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado, adscrito actualmente ao Ministerio de Emprego, Migracións e Seguridade Social, composto por:

  • Uns Servizos Centrais.
  • 52 direccións provinciais.
  • Unha rede territorial de 759 Oficinas distribuídas nas provincias do Estado español desde as que se xestionan as prestacións por desemprego mediante a atención presencial (en Ceuta e Melilla, tamén xestiona os trámites de emprego e formación).

Competencias

Regúlanse no artigo e do REAL DECRETO 1383/2008, de 1 de agosto, polo que se aproba a estrutura orgánica e a participación institucional do Servizo Público de Emprego Estatal.

A súas principais funcións son:

  • Planificar e impulsar propostas de políticas de emprego centradas nas necesidades das persoas e das empresas: orientación profesional mediante itinerarios individuais e personalizados, formación para o emprego, programas de fomento do emprego, etc.
  • Xestionar e controlar as prestacións por desemprego, facendo efectivo o dereito das persoas desempregadas a protección.
  • Realizar investigacións, estudos e análise, de ámbito estatal e provincial, sobre a situación do mercado de traballo e as medidas para melloralo.

Estas funcións son realizadas para ofrecer un servizo áxil de forma proactiva, con anticipación as novas necesidades e axustado a estas..

Sendo as persoas destinatarias dos seus servizos as seguintes:

  • Persoas traballadoras, tanto desempregadas como en activo
  • Persoas emprendedoras que teñan unha idea de negocio
  • Empresas

1.2. O Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). Organización, estrutura e competencias

O Servizo Público de Emprego de Galicia ou SPEG é a estrutura pública dependente da Xunta de Galicia que reúne dun modo integral e coordinado a todas aquelas unidades da administración autonómica que prestan servizos ou exercen funcións no ámbito das Políticas Activas de Emprego, dentro do marco territorial da comunidade autónoma de Galicia.

Organización e Estrutura

Na actualidade o Servizo Público de Emprego de Galicia apóiase na súa propia estrutura e en entidades colaboradoras en materia de orientación laboral e captación de ofertas de emprego, aproximando máis ao territorio e ás particularidades de cada localización o desenvolvemento destes servizos.

A estrutura regúlase no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Competencias

Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado por Lei Orgánica 1/1980, de 6 de abril, no seu título II, capítulo I, art. 27 e seguintes regula as competencias que desexa asumir a Comunidade Autónoma Galega, e regúlaas dividíndoas en:

  • Competencias exclusivas (art. 27 e 29 respectivamente).
  • Competencias compartidas (art.30).
  • Competencias concorrentes. Competencias sobre a mesma materia pero sobre cuestións diferentes.

Orde de 19 de maio de 1997, regula o funcionamento do Servizo Galego de Colocación, directamente ou por medio dos centros asociados, levará a cabo as seguintes accións:

  • Información e direccionamento.
  • Tratamento das demandas de emprego.
  • Captación e tratamento de ofertas de traballo.
  • Intermediación entre a oferta e a demanda.

Real Decreto 1375/1997, establece o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións de xestión que, en materia de traballo, emprego e formación, vén realizando o Instituto Nacional de Emprego (INEM) e en consecuencia, a Comunidade Autónoma asume, dentro do seu ámbito territorial, as funcións e servizos correspondentes á devandita xestión e, en particular, as que a continuación se relacionan:

  • En materia de intermediación no mercado de traballo.
  • Funcións de xestión e control de políticas de emprego.
  • Centros Nacionais de Formación Profesional Ocupacional.
  • Comisións Executivas Provinciais e Comisións de Seguimento da Contratación Laboral.
  • Potestade sancionadora.

OReal Decreto 1722/2007, de 21 de decembro, integra os Sistemas de Información dos Servizos Públicos de Emprego (SISPE) no Servizo Público de Emprego de Galicia.

O SISPE, é un instrumento técnico para o desenvolvemento das seguintes funcións:

a) Determinación do contido da base de datos común dos Servizos Públicos de Emprego, función na que se inclúe a posibilidade de efectuar modificacións que puidesen afectar ás series históricas das estatísticas institucionais e á análise das ocupacións do mercado laboral.

b) Definición das especificacións técnicas en elementos físicos e lóxicos, que han de intervir no intercambio de información entre os Servizos Públicos de Emprego.

c) Establecemento dos procedementos comúns de xestión.

A carteira común de servizos do Sistema Nacional de Emprego

O artigo 19 ter.1) da Lei 56/2003, de 16 de decembro, de Emprego, na redacción dada por a Lei 18/2014, de 15 de outubro, establece que "A Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Emprego, que se regulará regulamentariamente, ten por obxecto garantir, en todo el Estado, o acceso en condicións de igualdade aos Servizos Públicos de Emprego e aos servizos prestados polos mesmos, e a igualdade de oportunidades no acceso ao emprego, constituíndo un compromiso dos Servizos Públicos de Emprego coas persoas e empresas usuarias dos mesmos."

Real Decreto 7/2015. A carteira común de servizos do SNE

A Carteira Común de Servizos prevista neste decreto ten carácter común e é de aplicación ao conxunto das persoas usuarias dos Servizos Públicos de Emprego, polo que o acceso as prestacións incluídas en cada servizo garantirase con independencia do lugar no que se atopen, e nas condicións de calidade e equidade na atención ás persoas usuarias do conxunto do territorio nacional.

Por outra parte teñen a consideración de servizos complementarios aqueles que, non estando incluídos na Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Emprego, sexan establecidos polo Servizo Público de Emprego competente para o seu propio ámbito territorial.

O Regulamento de servizos desenvolverá os servizos comúns que deberán ser prestados por todos os Servizos Públicos de Emprego, ao considerarse fundamentais e necesarios para unha atención axeitada, integral e continuada ás persoas usuarias e para garantir o seu acceso aos mesmos en condicións de igualdade.

Estes servizos deberán ser suficientes para permitir ás persoas demandantes dar cumprimento ao previsto nos seus itinerarios personalizados para o emprego, así como as esixencias do compromiso de actividade. Este novo regulamento determinará o contido de cada servizo e fixará as bases do procedemento de actualización dos mesmos.

Os Servizos Públicos de Emprego, no ámbito das súas competencias, poderán aprobar as súas Carteiras de Servizos que incluirán, en todo caso, a Carteira Común de Servicios do Sistema Nacional de Emprego, a cal debe garantirse a todas as persoas usuarias.

Os Servizos Públicos de Emprego poderán incorporar nas súas Carteiras de Servizos aqueles servizos complementarios e actividades non contemplados na Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Emprego. Estes servizos deberán cumprir os principios da prestación de servizos establecidos no artigo 4 do real Decreto, e na Estratexia Española de Activación para o Emprego vixente.

As comunidades autónomas comunicarán ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a través do sistema de información que se determine, os servizos complementarios aprobados polos seus Servizos Públicos de Emprego non contemplados na Carteira Común, así como as modificacións e actualizacións destes. Estes servizos complementarios incluíranse como servizos propios nos Plans Anuais de Política de Emprego.

Os servizos que inclúe a Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Emprego (artigo 7) son os seguintes:

a) Servizo de orientación profesional.

b) Servizo de colocación e de asesoramento a empresas.

c) Servizo de formación e cualificación para o emprego.

d) Servizo de asesoramento para o autoemprego e o emprendemento.

CARTEIRA COMÚN

ACCESO A EMPREGO GALICIA: https://emprego.xunta.gal/portal/es/

ACCESO AO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO ESTATAL: https://sede.sepe.gob.es/portalSede/

*Fonte: CIXUG