Se queres recibir información e asesoramento (tanto a nivel particular como se es profesional) sobre todas as AXUDAS CONVOCADAS E QUE SE VAN CONVOCAR EN RELACIÓN Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA
O punto de información do IGVS leva xa uns días en funcionamento e estará aberto de luns a venres polas mañás, en horario de 9 a 14 horas.
As persoas interesadas tamén terán a opción de facer consultas por teléfono, a través do número 881 045 897, o mesmo ao que haberá que chamar para pedir cita previa en caso de preferir atención presencial.
En concreto, informarase sobre as axudas a nivel de barrio, dotadas con 22,9 millóns de euros; as axudas a nivel de edificio, que dispoñerán do mesmo orzamento que as anteriores; as axudas para a redacción de proxectos e elaboración do libro do edificio, cunha partida asignada de 3,4 millóns; as axudas á construción ou rehabilitación de vivendas de alugueiro social en edificios enerxéticamente eficientes, cunha dotación de 16,1 millóns de euros; e as axudas a nivel de vivenda, as únicas que xa están convocadas, cun orzamento de 13,5 millóns de euros e que se poderán solicitar ata o próximo 14 de outubro para realizar pequenas obras de eficiencia enerxética, como o cambio de xanelas.
Esta oficina depende directamente da CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA: 881 995 341
A Xunta elaborou unha GUIA PARA QUE ENTENDAS A XESTIÓN DESTAS AXUDAS, ACCEDE Á MESMA AQUÍ: http://igvs.xunta.gal/ipecos-opencms-portlet/export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/Lexislacion/Eficiencia_enerxetica/20220318_GUxA_EFICIENCIA_DIXITAL.pdf
Queres ser AXENTE COLABORADOR EN METERIA DE REHABILITACIÓN?
O trámite é moi sinxelo, só te tes que inscribir a través da SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA. Código de procedemento: VI470B
Deixámosche a ligazón directa: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI470B&ano=2016&numpub=1&lang=gl
Outras ligazóns de interese:
IAE - Informe de Avaliación de Edificios: http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/961
http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada
ONDE OBTER O CERTIFICADO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA?