INSTITUTO GALEGO DE PORMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

18. 04. 25
 

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) é a axencia, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria, para o desenvolvemento económico de Galicia.

A misión do IGAPE é a de apoiar todas as actividades que contribúan a mellorar o sistema produtivo galego, facilitando os procesos de creación, consolidación e crecemento empresarial.

Os obxectivos que pretende levar a cabo pódense concretar en:

  • Impulsar a creación de novas empresas e fomentar decididamente o espírito emprendedor.
  • Incrementar a competitividade das empresas galegas a través da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.
  • Atraer investimento a Galicia.
  • Facilitar a internacionalización.
  • Apoiar a cooperación e os proxectos colectivos de empresas galegas.

SEDE CENTRAL IGAPE

Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n 15703.

Santiago de Compostela (A Coruña)

Tel. 900 81 51 51 / 981 541 147 Fax: 881 99 55 00

ENLACE WEB