ACELERADORAS DE PROXECTOS EMPRESARIAIS EN GALICIA

22. 09. 27

As aceleradoras: son iniciativas orientadas a facilitar un rápido crecemento a proxectos  empresariais de carácter moi innovador ou startups que están nunha fase inicial e necesitan dun forte impulso para crecer. 

Xeralmente, o apoio das aceleradoras ao emprendedor é menos dilatado no tempo que os denominados viveiros de empresa e busca propiciar un rápido crecemento e efectivo despegamento das empresas que seleccionan a través de programas de mentoring e, o que é máis interesante, acceso directo a investidores e financiamento.

En Galicia existe a posibilidade de optar a unha ou outra, valorando cuestións como sector de actividade ou localización da iniciativa:

rMapa aceleradoras en Galicia

 
1) VIA GALICIA
  • Aceleradora orientada a innovación e startups e impulsada por o Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, a través fundamentalmente da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
  • É unha das aceleradoras que contan con maior dotación económica do país (cada un dos quince proxectos que chegan á fase final do programa pode obter ata 125.000 euros de financiamento, parte a fondo perdido e parte en de capital risco).
  • O proceso vén estruturado en varias fases que facilitan o progreso e crecemento dos proxectos empresariais, e con varias sedes, unha en Vigo–Nigrán, para o sur de Galicia e outra en Lugo (Fundación CEL) para o norte da comunidade.

2) AGROBIOTECH

  • Estamos neste caso ante unha aceleradora dirixida a pemes pertencentes a tres sectores considerados estratéxicos en Galicia: agroalimentación, biotecnoloxía e biomasa.
  • Agrobiotech Innovación, situado na Tecnópole de Ourense e impulsado pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) Conta, ademais, con un centro colaborador en Lugo, o CETAL.
  • O obxectivo desta acelerado é procurar o crecemento sostible das empresas participantes, axudándolles a mellorar a súa competitividade e facturación,con apoios personalizados: itinerarios personalizados de innovación, programas de capacitación, acceso a proxectos de internacionalización, participación en eventos para captación de financiamento, etcétera.

3) GALICIA OPEN FUTURE

  • Galicia Open Future é outro dos programas de aceleración de interese na comunidade, e que xa conta con certo percorrido.
  • Impulsado por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Centrada no apoio de proxectos innovadores e modelos de negocio que incorporen solucións tecnolóxicas.
  • Son a aceleradora con maior número de proxecto por edición, 50, que reciben titorización e formación especializada en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura, por un tempo mínimo de seis meses, ademais de 2.000 euros da Axencia Galega de Innovación para empezar.
  • Pasados os 6 meses, entre todos os proxectos titorizados, elíxense tres proxectos que, polo seu especial carácter innovador e posibilidades de evolución, poden optar a outra axuda de 25.000 euros para desenvolvemento do propio proxecto e a un préstamo reembolsable do Igape doutros 25.000 euros.

4) YUZZ LUGO

  • Impulsado polo Banco Santander en colaboración coas Universidades ten carácter estatal. Dende hai 5 anos en Galicia conta cunha sede en Lugo, na Facultade de ADE da USC.
  • O público obxectivo desta aceleradora é a mocidade de entre 18 e 31 anos cun proxecto emprendedor. Por cada centro selecciónanse vinte proxectos cuxos promotores participan nun programa de formación en innovación e modelos de negocio. Unha vez finalizado o proceso de formación e apoio, o mellor proxecto emprendedor do centro Yuzz realiza unha viaxe a Silicon Valley.
  • Esta aceleradora brinda un acceso de primeiro orden a foros de financiamento, asesoramento en internacionalización e contacto con investidores.
  • Ofrece a posibilidade de acceso a financiamento, participando nunha selección a nivel nacional na que os tres mellores reciben 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar o desenvolvemento do seu negocio.

Fonte: Fegamp