QUE PASA SE ME OLVIDO DE SELAR O PARO?

23. 03. 06
Renovar a demanda de emprego é unha obrigación de toda persoa que está apuntado ao paro, independentemente de se cobra ou non prestacións.
 
Consecuencias de esquecerse selar o paro cobrando prestacións
 
 
- Non renovar a demanda de emprego é considerado como unha infracción leve, ten as seguintes sancións: 
 
a) A primeira vez, a sanción do SEPE podería chegar a ser dun mes de prestación. Aínda que na maioría dos casos, que adoita renovarse a demanda ao día seguinte, a sanción é que da contía para cobrar descóntanse os días de atraso.
 
b) Se xa é a segunda vez que unha persoa en paro e cobrando prestación obriga renovar a demanda. Se non se renova por segunda vez, pérdense 3 meses.
 
c) Se pasa por terceira vez, pérdense 6 meses de prestación.
 
Chegado ao momento de que por cuarta vez non se renove a demanda, o SEPE anulará o dereito de prestación.
 
Está claro, estás escalas aplícanse a partir da primeira infracción e cando, entre unha infracción leve e a anterior, non pasasen máis de 365 días. Por último, ademais da obrigación de renovar a demanda de emprego, cando se cobran prestacións do SEPE, tamén se adquiren outros compromisos e obrigacións que se deben cumprir e que de non facelo provocan a perdida da prestación.
 
Agora é máis fácil que nunca cursar a renovación; non precisas nin ir de maneira presencial a Emprego Galicia. 
 
Podes renovar a demanda das seguintes maneiras:
 
1.- PRESENCIALMENTE. Precisas ter cita previa, podes solicitala a través da seguinte ligazón: https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-oficinas
 
2.- A través da OFICINA VIRTUAL DE EMPREGO GALICIA, co contrasinal que che facilitaron
 
3.- Coa APLICACIÓN MOBEM
 
4.- Renivación con PIN: O PIN aparece na túa tarxeta de demandante; https://emprego.xunta.gal/portal/gl/renovacion-pin
 
5.- Por TELÉFONO, chamando ao 012 (a chamada ten custe)