Desde o Concello da Estrada non deixamos de traballar en prestar á nosa veciñanza a maior cantidade de servizos aos que acudir cando unha persoa se atopa en situación de desemprego. Deste xeito, ademáis dos servizos que prestamos directamente desde a nosa administración, temos asinados varios convenios de colaboración con outras entidades para botarche unha man; pasamos a recordarchos!!!
1) DEPARTAMENTO DE EMPREGO MUNICIPAL:
- Recibirás asesoramento en todo o que ten que ver co teu CURRÍCULO; preparación de entrevista; rexistro en portais de emprego...
- Asesoramento en materia de AUTOEMPREGO; trámites administrativos, axudas, e recursos dispoñibles
- Información sobre AXUDAS E SUBSIDIOS
- Tramitación do IMGRESO MÍNIMO VITAL
- Xestión de citas con outras administracións
- Tramitación de BOLSAS
CONTACTO: 986 677 740
2) ORIENTADOR LABORAL MUNICIPAL:
- Podes ser derivado/a polo Servizo Galego xe Emprego ou ser atendido sen necesidade de derivación.
- Recibirás asesoramento en todo o que ten que ver co teu CURRÍCULO
- Asesoramento nas INSCRICIÓNS DAS LISTAXES LABORAIS DA XUNTA DE GALICIA
- Asesoramento en COMPETENCIAS CLAVE
- Intermediación laboral e acompañamento
CONTACTO: 986 677 788
3) FUNDACIÓN INSERTA- ONCE:
O Concello da Estrada ten asinado un convenio de colaboración en virtude do cal, todos os martes poderás acollerte a este servizo, tanto se estás empadroado/a na Estrada coma se non.
O único requisito é ter unha discapacidade ou incapacidade.
Para pedir esta cita, as persoas interesadas poden facelo a través de varias canles:
a) A través do departamento de emprego do Concello da Estrada, chamando ao teléfono 986 677 740
b) Chamando á Fundación Inserta- Once, no 981 554 483
c) A través do portal de inserta: https://www.portalento.es/
4) ASOCIACIÓN AMICOS:
O Concello da Estrada ten asinado un convenio de colaboración en virtude do cal te podes beneficiar dos servizos de asesoramento que prestan na Estrada todos os días. Teñen un técnico especilizado que te atenderá nas oficinas do viveiro de empresas.
O único requisito é ter unha discapacidade ou incapacidade.
CONTACTO: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
674 073 048 / 981 865 716