Estás pensando en OPOSITAR pero non sabes como comezar; onde buscar as convocatorias, os temarios, os prazos, cómo inscribirse.... Explicámosche como!
O goberno pon á túa disposición dentra da "CARPETA CIDADÁ" un buscador que che permitirá FILTRAR A TÚA BUSCA EN FUNCIÓN DOS TEUS INTERESES.
1) Vaite a: https://administracion.gob.es/pagFront/empleoBecas/empleo/buscadorEmpleo.htm
2) Verás que podes atopar INFORMACIÓN DIVERSA:
a) CONVOCATORIAS desglosadas por:
a.1) Administración Xeral das Estado
a.2) Comunidades Autónomas
a.3) Administración Local: Concellos de capitais de provincia: As convocatorias de Concellos recóllense só se se publican no Boletín Oficial do Estado e é esa publicación a que abre o prazo de presentación de solicitudes.
a.4) Unión Europea Postos no exterior de organismos nacionais
b) SEGUIMENTO DAS CONVOCATORIAS:
Recóllense os seguimentos das convocatorias publicados nos diarios oficiais e aqueloutros que os órganos convocantes e/o tribunais remiten a esta Subdirección Xeral de Transparencia e Atención ao Cidadán. Non se recolle o seguimento das convocatorias pertencentes á Administración Local.
c) Probas de CAPACITACIÓN PROFESIONAL:
Recóllense tamén as probas de capacitación profesional, que se convocan no ámbito da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos vinculados ou dependentes, co obxecto de habilitar / facultar o exercicio de determinadas profesións, tales como: vixiantes de seguridade, xestores administrativos, profesores de autoescola, etcétera.
3) Cómo usar o BUSCADOR:
O buscador permite unha PROCURA RÁPIDA e unha PROCURA AVANZADA.
Para realizar unha procura avanzada, pulsa "mostrar máis opcións de procura".
Para volver á procura rápida, pulsa "ocultar opcións de procura".
Para realizar unha nova procura, pulsa "limpar".
En ningún dos dous tipos de procura é necesario encher ningún dos campos.
O buscador non discrimina entre maiúsculas, minúsculas ou palabras acentuadas.
Podes exportar a excel ou xml o resultado das túas procuras.
OPOSITAR AO CONCELLO DA ESTRADA
No caso da nosa administración local, tes toda a información sobre os PROCESOS SELECTIVOS que temos en marcha aquí: https://aestrada.gal/?lang=es
Tes que ir a TRÁMITES e no despregable a CONTRATACIÓN DE PERSOAL, atoparás dúas opcións:
1) PROCESOS SELECTIVOS EN PROCESO
2) PROCESOS SELECTIVOS FINALIZADOS
Desde a páxina de emprego do Concello da Estrada tamén poderás acceder á todas as convocatorias que publicamos; tanto dos nosos propios procesos selectivos como dos de outros concellos e administracións: preme en https://www.emprego.aestrada.gal/ vaite a EMPREGO, no despregable a OPOSICIÓN E CONCURSOS E PREME NO QUE CHE INTERESE. No enunciado atoparás o organismo convocante e o nome da praza a cubrir: https://www.emprego.aestrada.gal/index.php/about-us/testimonials
ONDE ATOPAR A LEXISLACIÓN PARA FACER OS TEMARIOS:
Se entras no BOE, poderás obter toda a documentación e lexislación que precisas para elaborar os teus propios temas.
1) Vai a: https://www.boe.es/
2) TODO EL DERECHO- LEGISLACIÓN
3) Preme en LEGISLACIÓN CONSOLIDADA. Deste xeito estarás seguro/a de que a lexislación que estás a ver é a última; con todas as modificación que puidesen haber tido lugar