DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA O PROXECTO: I ACELERADORA MULTISECTORIAL DE EMPRESAS

22. 08. 22

Este programa está dirixido a PEMES, persoas autónomas e emprendedoras da provincia de Pontevedra, que desexen reorientar o seu negocio ou poñer en marcha a súa actividade en liña; así como persoas cun proxecto empresarial ligado a calquera sector en fase temperá de desenvolvemento ou cun alto potencial de crecemento. Co fin de brindarlles apoio, levarase a cabo un itinerario de obradoiros formativos, ademais de asesoramentos personalizados. Por outra banda, as dúas mellores iniciativas aceleradas recibirán unha dotación económica como premio.

Esta primeira convocatoria da Aceleradora Multisectorial de Empresas realizarase entre o 12 de setembro e o 11 de novembro. Tanto as accións formativas grupais como os asesoramentos personalizados realizaranse prioritariamente de forma telemática.

Aquelas persoas emprendedoras que queiran participar poderán obter máis información a través da páxina web facendo clic: https://smartpeme.depo.gal/gl/-/convocatoria-de-la-i-aceleradora-multisectorial-de-empresas-smartpeme-en-colaboracion-con-la-fundacion-roberto-rivas?redirect=https%3A%2F%2Fsmartpeme.depo.gal%2Factualidad%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_aqaz222AgrMs%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_pos%3D1%26p_p_col_count%3D2

O prazo límite para inscribirte e participar é o 2 de setembro ás 23:59, non te quedes sen a túa praza!

Se queres inscribirte ou facer algunha consulta podes escribirnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamar ao 886 202 020