O Concello e a Universidade de Santiago promoven unha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela, este ano dedicada á cultura e ao sector artístico. A programación desta feira das emprendedoras de Compostela e as universitarias da USC consta das seguintes actividades:
- 26 – 29 setembro, no Teatro Principal (17:00 – 20:30 h)
Formación gratuíta para universitarias da USC con inquedanzas por descubrirse, a través das técnicas teatrais, a si mesmas, as súas habilidades, os seus soños, e medrar como persoas e futuras profesionais.
Inscríbete utilizando o noso formulario de inscrición -
30 de setembro, no Teatro Principal (10:00 – 20:30 h)Aberto ao público xeral e con entrada gratuíta
Feira Expositiva de marcas do eido cultural e artístico de Compostela.
Mesas de debate e diálogo entre referentes dos distintos sectores, emerxentes e estudantes da USC que en breve deben afrontar a súa etapa laboral.