O obxectivo desta prestación non contributiva é a de garantir un mínimo de ingresos a aquelas persoas e unidades de convivencia con graves dificultades económicas.
Unha das grandes preguntas é se se perde o Ingreso Mínimo Vital ao atopar un emprego. A resposta é que NON, pero os beneficiarios deberán realizar unha serie de trámites para evitar ter problemas coa Seguridade Social.
Que pasa se atopo un emprego e estou a cobrar o Ingreso Mínimo Vital
As persoas que atopen emprego, xa sexa de carácter indefinido ou temporal, seguirán percibindo o Ingreso Mínimo Vital (IMV) durante o resto do ano. É dicir, cobrará de maneira simultánea os rendementos por traballo e IMV. Iso si, o/a beneficiario/a deberá de presentar na oficinas da Seguridade Social ou na Sede electrónica un formulario no que faga constar que a súa situación laboral cambiou. O prazo para presentar este documento será de 30 días naturais a contar a partir de que a persoa empeza a traballar.
Durante ese ano, a persoa beneficiaria seguirá percibindo o Ingreso Mínimo Vital e cobrando a mesma contía que viña recibindo, xunto co seu salario. Ao final de ano, presentarase unha declaración anual de rendas complementaria e, cos rendementos obtidos, poden darse dous casos: seguir cobrando ou non a prestación da Seguridade Social. No caso de que a persoa, aínda tras os ingreso obtidos por traballo, siga por baixo do limiar de ingresos, o INSS actualizará a prestación coa contía que lle corresponda. Pola súa banda, se os ingresos por traballo fosen superiores ao límite de ingresos para obter a renda vital, a Seguridade Social procederá a retirar a axuda a comezos do seguinte ano.
Podo volver pedir o Ingreso Mínimo Vital?
Hai situacións nas que a persoa consegue un emprego de maneira temporal e os ingresos obtidos fan que perda o IMV. Ao seguinte ano e tras acabar o contrato de traballo temporal, esta persoa volve caer nunha situación económica desfavorable. Se se dá o caso e as rendas se situasen por baixo do límites de ingresos establecidos pola Seguridade Social, poderase solicitar novamente o Ingreso Mínimo Vital. Para iso haberá que presentar unha nova solicitude e deberá de facerse a partir do 1 de abril e non antes.
Un exemplo practico é este: unha persoa cobra 400 euros de Ingreso Mínimo Vital e atopa un emprego durante seis meses por un soldo de 1.500 euros ao mes (ata novembro de 2022). Cobrará os 400 euros de IMV e os 1.500 euros de soldo ata que finalice ao ano. En decembro actualizaranse os rendementos obtidos durante o ano e dependendo da situación actualizarase a contía ou se perderá o IMV. En xaneiro, se esta persoa volve estar nunha situación desfavorable, poderá solicitar o Ingreso Mínimo Vital a partir do 1 de abril dese ano.
Fonte: Noticias Trabajo