LIÑAS DE AXUDAS PARA AS PERSOAS EMPRENDEDORAS EN GALICIA

22. 09. 26

No momento de crear unha iniciativa pódense solicitar subvencións e axudas para complementar o financiamento necesario para a posta en marcha do proxecto. Moi recomendable ter en conta os prazos de pagamento de moitas destas axudas. É posible que o cobro das mesmas poida non ser compatible co momento temporal no que precisamos realmente o financiamento para acometer os investimentos desexados.

Nos seguintes apartados imos botar unha ollada as mais habituais:

  • Pagamento único da prestación por desemprego que tivera dereito a persoa traballadora. Aberto todo o ano. CAPITALIZACIÓN DESEMPREGO
  • O programa EMEGA. A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia convoca anualmente axudas económicas para a fomento do emprendemento das mulleres galegas. Convócase case sempre no mes de xullo
  • O programa de Promoción do Emprego autónomo, dirixido a aquelas persoas que decidan emprender coma traballadores por conta propia en calquera dos réxime especiais por conta propia da Seguridade Social. Ten convocatoria anual. Convócase case sempre no mes de xaneiro

PAGAMENTO ÚNICO DA PRESTACIÓN POR DESEMPREGO

Entre as fontes, propias, de financiamento temos a modalidade de pagamento único da prestación por desemprego para iniciar unha actividade profesional ou empresarial. Solicítase para cubrir os importes correspondentes coas achegas ao capital social,ou para realizar inversións para a posta en marcha da iniciativa. Se o importe que corresponda na capitalización fose superior, pódese recibir a parte restante mediante o abono mensual das cotas á Seguridade Social.

É importante coñecer os requisitos que debemos cumprir para ter dereito e as condicións de funcionamento do mesmo:

  • Ter dereito a percibir a prestación de desemprego contributiva.
  • Non ter percibido o pagamento único de desemprego nos últimos catro anos.
  • A persoa que solicite esta axuda debe ter pendente de percibir cando menos tres mensualidades da prestación de desemprego.
  • Acreditar a intención de darse de alta coma persoa empresaria individual para a creación dunha sociedade S.L, S.Limitada Laboral, Cooperativa ou a incorporación a unha xa existente.
  • Destinar a cantidade que se perciba polo pagamento único á achega de capital e/ou cota de ingreso ou a inicio de actividade profesional/empresarial.
  • Non iniciar a actividade con anterioridade á solicitude da capitalización da prestación.
  • Iniciar a actividade laboral no prazo máximo dun mes unha vez percibida a capitalización.
  • Non poderá recibir unha nova prestación por desemprego ata que non transcorra un tempo igual ou superior ao período capitalizado.

Hai unha excepción na capitalización do desemprego: quen se dea de alta coma persoa traballadora autónoma económicamente dependente (TRADE), asinando un contrato cunha empresa coa que mantivese unha relación contractual inmediatamente anterior á situación legal de desemprego ou que pertenza ao mesmo grupo empresarial daquela. 

LIÑAS DE AXUDAS PARA PERSOAS EMPRENDEDORAS EN GALICIA (FONDOS EUROPEOS)

a) PROMOCIÓN DO EMRPEGO AUTÓNOMO

Céntrase naquelas persoas que decidan emprender coma traballadores por conta propia en calquera dos réxime especias por conta propia da Seguridade Social. Ten convocatoria anual.

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen no período de aplicación da axuda.

Convocatoria ano 2022: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR341D

b) PROGRAMA EMEGA (EXCLUSIVO PARA MULLERES)

A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia convoca anualmente axudas económicas para a fomento do emprendemento das mulleres galegas.

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Convocatoria 2022: http://igualdade.xunta.gal/gl/axudas/subvencions-para-o-apoio-ao-emprendemento-feminino-programa-emega-ano-2022

FINANCIAMENTO. DIVERSAS OPCIÓNS

O punto máis complicado para calquera iniciativa emprendedora e comezar a solicitar financiamento nas diversas opcións que pode solicitar. A falla de traxectoria empresarial, ou que as persoas emprendedoras non contan con avais, ou mesmo que a iniciativa a constituír non convence á entidade financeira pode complicar o obxectivo de acadar fontes de financiamento alleo para a futura iniciativa empresarial.

Imos facer un pequeno percorrido polas entidades ENISA e ICO para coñecer como funcionan os préstamos e que particularidades ofrecen fronte a un préstamos convencional da banca comercial. Tamén analizaremos as iniciativas de mecenado para financiar proxectos.

a) PRÉSTAMOS ENISA

ENISA é unha entidade financeira de capital público creada en 1982, dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa.

A característica principal do Financiamento de ENISA é que concede Préstamos Participativos, dirixidos a Pemes e sen esixencia de garantías. A garantía do préstamo é a que ofrece a viabilidade do propio proxecto. Se o proxecto é viable, e os promotores demostran suficiente experiencia e arguméntase adecuadamente a rendibilidade do negocio, pode entrar por esta vía de financiamento. É dicir, unha parte dos intereses do préstamo participativo ENISA vaise devolvendo en función aos resultados da empresa.

Persoas beneficiarias: Persoas emprendedoras que constitúan empresas innovadoras e competitivas. Ou aqueles que tiveran constituído a Peme nos 24 meses anteriores á solicitude.

Requisitos: 

  • Ser unha PEME, conforme a a definición da Unión Europea.
  • Ter personalidade xurídica propia, independente das persoas socias e constituída nos 24 meses anteriores á presentación da solicitude.
  • Ter actividade e domicilio social en España.
  • Pemes con modelo de negocio orientado á innovación.
  • As achegas aos fondos propios deberán ser equivalentes á solicitude do préstamo.
  • Amosar unha estrutura financeira equilibrada, profesionalidade na xestión e viabilidade técnica e económica, con contas depositas no Rexistro Mercantil, no caso de pemes constituídas antes dos 24 meses.

Condicións:

  • Importe mínimo do préstamo: 25 000 €. Importe máximo do préstamo: 300 000 €.
  • O tipo de xuro aplícase en dous tramos:
    Primeiro tramo: EURIBOR + 3,75 %
    Segundo tramo: xuro variable, límite máximo establecido entre 3 % e o 6 %, en función da clasificación da operación.
  • Comisión de apertura: 0,5 %.
  • Vencemento: máximo, 7 años.
  • Carencia de principal: máximo, 5 anos.
  • A amortización de xuros e principal é trimestral.
  • Non solicitan garantías.

b) ICO Garantía SGR/SAECA

O Instituto de Crédito oficial, ICO, conta cunha liña de préstamos para autónomos/asempresas e entidades públicas ou privadas que conta co aval dunha Sociedade de Garantía Recíproca (SGR/ SAECA).

Imos ver algunhas das características dos mesmos:

  • Estes préstamos están dirixidos tanto á creación da empresa coma a obter liquidez ou comprar maquinaria, ou vehículos para a actividade, entre outros. Poden solicitar até un máximo de 2 millóns, nas modalidades de préstamo, leasing ou liña de crédito.
  • O habitual é que a persoa(s) emprendedora(s) pregunten as entidades bancarias por este produto e o soliciten a través delas (teñen convenio coa Abanca, Banco Sabadell, Santander).
  • Aplican un tipo de xuro fixo ou variable, máis a marxe e custo do aval establecido pola entidade de crédito e a SGR/SAECA segundo o prazo de amortización.
  • custo anual máximo do produto para o cliente que se pode aplicar ás novas operacións pódese consultar en ICO.

CONDICIÓNS XERAIS 

Cales son as comisións?

  • A SGR ou SAECA cobrarán unha comisión de estudo de ata o 0,5% sobre o importe avalado.
  • Adicionalmente, a SGR cobrará unha comisión sobre o importe avalado de ata o 4% en cota social mutualista. Este importe será reembolsado ao cliente unha vez que remate a relación coa SGR.
  • Por último, a entidade de crédito poderá cobrar unha única comisión ao comezo da operación, ademais de, no seu caso, a de amortización anticipada.

Prazos de amortización e carencia esixible

Dende 1 ata 15 anos con ata 3 anos de carencia en función dos prazos.

Garantías esixibles

Tras da análise que fará a entidade de crédito, será a SGR /ou SAECA de cada solicitude as que determinarán as garantías a achegar.

CROWFUNDING E FINANCIAMENTO ÉTICO

As entidades de finanzas éticas conxugan a obtención de beneficios sociais e económicos, polo que imos coñecer a clasificación básica das mesmas. Temos:

  • Bancos éticos: todos os seus produtos e servizos financeiros (contas de aforro, fondos de investimento, depósitos ou plans de pensións) réxense por principios éticos.
  • Caixas de aforro: perderon o espírito de aforro e monte de piedade co que naceron, moitas desapareceron ou asimiláronse á operativa de banca comercial. Tristemente, a nivel estatal son un modelo case desaparecido xa que  soamente quedan dúas caixas con operativa tradicional.
  • Entidades financeiras alternativas: referímonos a asociacións, cooperativas de préstamo privado, clubs de investimentos, proxectos de economía solidaria, etc.

Nos vindeiros apartados revisaremos opcións de financiamento alternativas, útiles para ideas ou proxectos empresariais, e que escapan un pouco dos clásicos préstamos e créditos avalados que maioritariamente funcionan na operativa habitual da banca tradicional.

AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS

Cada concello pode ter unha liña de axudas propias á creación de empresas. No caso da Estrada, cada ano convócase unha axuda dirixida ás persoas que iniciaron a súa actiidade empresarial no ano inmediantamente anterior ao da convocatoria.

A axuda ten un alcalce de ata 2.000 euros

Acostuma a convocarse no mes de marzo

Convocatoria ano 2022: http://emprego.aestrada.gal/index.php/blog/blog-3/4647-concello-da-estrada-convoca-as-axudas-municipais-a-creacion-de-empresas-2022

FONTE: fegamp