DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA A PRIMEIRA EDICIÓN DOS PREMIOS TURISMO SOSTIBLE DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

23. 01. 05

Ditos premios teñen o obxectivo de contribuír ao desenvolvemento do turismo sostible da provincia de Pontevedra e recoñecer as tres mellores propostas, concienciando desta maneira que un turismo sostible é posible.

Así mesmo, contribúen ao impulso de modelos sostibles no sector identificando entidades e profesionais que transformen e contribúan a mellorar a oferta turística na provincia. Ademais, os Premios Turismo Sostible dan resposta ás inquietudes do turista responsable e conciencian aos viaxeiros sobre o potencial de cambio e inclusión que supón facer turismo de maneira sostible.

Desta maneira con estes premios preténdese o seguinte:

• Recoñecer as actuacións de sustentabilidade destacables das empresas e entidades da provincia de Pontevedra, así coma a súa contribución ao desenvolvemento social e económico; e ao benestar, educación e cultura da sociedade.

• Distinguir as mellores actuación ligadas á sustentabilidade.

• Sensibilizar ao sector turístico e aos visitantes da necesidade das actuacións sostibles para así animar a perseverar nelas e para que sirvan de modelo e exemplo a seguir.

• Concienciar ás empresas, entidades e persoas da importancia de incidir nun cambio de actitudes Sociais dirixido a buscar unha maior cohesión social e territorial.

• Identificar actitudes e acción que poden servir de exemplo a seguir para o resto de empresas.

• Premiar a aquelas empresas e entidades vinculadas ao mundo do turismo que estean realizando boas prácticas neste ámbito.

Outorgaranse 3 premios cunha única categoría de “Premio Turismo Sostible Provincia de Pontevedra”:

• Primeiro premio

• Segundo premio

• Terceiro premio

Poderán presentar solicitudes para participar neste procedemento todas as persoas xurídicas ou empresarios individuais que sexan titulares ou presten servizos turísticos, con sede social na provincia de Pontevedra ou que, como mínimo, realicen parte da súa actividade nela.

As persoas solicitantes deberán prestar servizos nalgunha das seguintes categorías:

1. Axencias de viaxes

2. Albergues

3. Aloxamentos rurais

4. Aluguer de vehículos e embarcacións

5. Aparcamentos turísticos

6. Artesáns

7. Atraque de cruceiros e ferries

8. Bares e cafeterías

9. Bodegas

10. Cámpings e áreas de auto caravanas

11. Campos de golf e campos de Pitch & Putt

12. Comercios

13. Convention Bureau

14. Escola de español para estranxeiros

15. Espazos para turismo de reunións

16. Espazos protexidos

17. Experiencias e talleres turísticos

18. Guías de turismo

19. Hoteis e apartamentos turísticos

20. Museos e centros de interese turístico visitable

21. Oficinas de información turística

22. OPC

23. Parques de ocio

24. Praias

25. Portos deportivos

26. Restaurantes e empresas turísticas de catering

27. Seguridade cidadán

28. Taxis

29. Transporte turístico

30. Turismo activo

31. Turismo de benestar

32. Turismo industrial

33. Vivendas de uso turístico

A obtención do premio habilita ao premiado a usar a imaxe do mesmo mediante publicidade de tal condición en membretes, anuncios e memorias; así coma en calquera outro soporte de comunicación on e offline, mensaxes de correo electrónico, redes sociais ou en páxinas web propias, especificando a modalidade do premio obtido, así coma o ano da súa concesión. Aos efectos do dito neste parágrafo, Turismo Rías Baixas facilitará aos premiados a imaxe dos premios en formato dixital, así coma o manual de uso da mesma.

A Deputación de Pontevedra dará difusión das entidades premiadas, a través do portal web Turismo Rías Baixas, lugar onde se habilitará un espazo de recoñecemento e difusión das actuacións premiadas cada ano.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao do publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/01/05/2023000839