NOVA PRESTACIÓN POR DESEMPREGO PARA PERSOAS PERTENCENTES AO SECTOR CULTURAL E/OU ARTÍSTICO

23. 06. 07

O Boletin Oficial do Estado do 11 de xaneiro publicou o Real Decreto-lei 1/2023, do 10 de xaneiro, de medidas urxentes en materia de incentivos á contratación laboral e mellora da protección social das persoas artistas, incorpora ao sistema de protección por desemprego a prestación especial das persoas artistas.

Esta prestación terá entrada en vigor o próximo 1 de xullo de 2023. 

Quen pode beneficiarse?

Poderán beneficiarse desta prestación as persoas traballadoras que desenvolvan actividades artísticas, así como as persoas técnicas e auxiliares do sector que:

Acrediten estar en situación legal de desemprego con 60 días cotizados por prestación real de servizos na actividade artística nos últimos 18 meses.

Acrediten 180 días de alta en Seguridade Social por prestación real de servizos na actividade artística nos 6 anos anteriores á situación legal de desemprego, sempre que non fosen tidas en conta para o recoñecemento dunha prestación anterior.

Para acceder, ademais, non deberán ter dereito a unha prestación contributiva ordinaria. No caso de que a prestación especial sexa máis beneficiosa que a contributiva á que terían dereito, poderán optar por recibir esta nova prestación especial. Nese caso a prestación contributiva quedará extinguida.

Duración e contía

A duración da prestación será de catro meses.

A contía será do 80% do IPREM, salvo que a media diaria das bases de cotización dos últimos 60 días de prestación real de servizos na actividade artística sexa superior a 60 euros, nese caso a contía será do 100% IPREM.

Esta prestación especial non será compatible co traballo por conta propia, aínda que a súa realización non implique a inclusión nalgún dos réximes da Seguridade Social, ou por conta allea ou con calquera outra prestación, renda mínima, renda de inclusión, salario social ou axudas análogas concedidas por calquera Administración Pública.

Sí será compatible coa percepción de dereitos de propiedade intelectual e de imaxe.

 

Accede ao Real decreto-lei aquí: https://www.boe.es/eli/es/rdl/2023/01/10/1