As persoas que xa o teñen recoñecido experimentarán neste ano 2024 un incremento do 7%, incremento que se aplica de igual xeito as contías a percibir en función da situación da unidade de convivencia.
REQUISITOS XERAIS PARA SER BENEFICIARIO/A:
- É fundamental que a persoa teña unha residencia legal e efectiva en España. Non só iso, senón que esta residencia debe ser de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano anterior á data en que presenta a solicitude.
Nota: este período de tempo non é necesario para os/as menores que se incorporan á unidade de convivencia a través do nacemento ou a adopción, as persoas que foron vítimas de trata de seres humanos e explotación sexual, e as mulleres que foron vítimas de violencia de xénero.
- Acreditar a situación de vulnerabilidade económica. Este requisito considérase cumprido cando a media mensual de ingresos e rendas anuais computables do exercicio anterior é, polo menos, 10 euros inferior á contía mensual garantida polo Ingreso Mínimo Vital que corresponda, en función da modalidade e o número de membros da unidade de convivencia.
*Nota: no caso de que a situación de vulnerabilidade económica sexa sobrevida, é dicir, posterior ao ano anterior ao que se toma con carácter xeral de referencia, así se deberá facer cnstar no formulario de solicitude no apartado correspondente e ha de ser debidamente acreditado.
A canto ascende o IMV?
A contía do Ingreso Mínimo Vital (IMV) para o/a beneficiario/a individual ou para a unidade de convivencia calcúlase como a diferenza entre a renda garantida, establecida polo Goberno, e o total das rendas e ingresos da unidade familiar. Cabe lembrar que no ano 2022, o monto desta axuda social foi obxecto dun incremento excepcional do 15%. Esta medida foi adoptada coa finalidade de contrarrestar os efectos da inflación, que durante ese período non deixaba de aumentar.
A este incremento hai que engadir un 6,9% a maiores correspondente ao ano 2024, quedando polo tanto fixado tal e como segue en función da composición da unidade de convivencia:
*Nota: estas axudas irán aumentando progresivamente ata que en 2027 sexan equivalentes ao 75% do limiar de pobreza para un fogar unipersoal. Polo tanto, os seus incrementos non só estarán vinculados ao IPC, senón que tamén se incluirá un incremento adicional que o Goberno indicará cada ano nos Orzamentos Xerais do Estado.