Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
ORDE do 16 de marzo de 2021 pola que se convoca o procedemento de concorrencia para a selección dunha entidade colaboradora para a entrega e
distribución dos fondos das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos bonos Activa comercio (código de procedemento CO301A)
O obxecto da colaboración é a entrega e distribución das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos bonos Activa comercio.
Para estes efectos, subscribirase o oportuno convenio de colaboración coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, segundo o modelo que figura como anexo I desta convocatoria.
Poderán ser entidades colaboradoras as entidades financeiras privadas con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, validamente constituídas, e que cumpran os seguintes requisitos:
– Ter oficinas comerciais abertas, cando menos, nos concellos de máis de 20.000 habitantes das catro provincias galegas.
– Ter colaborado na xestión financeira da Xunta de Galicia nos últimos dous anos.
A entidade financeira colaboradora actuará en nome do órgano concedinte para todos os efectos relacionados coa subvención, entregando e distribuíndo os fondos públicos aos comerciantes adheridos ao programa.
O prazo de duración da colaboración estenderase desde o momento da sinatura do correspondente convenio ata o 31 de decembro de 2021.
O prazo máximo de presentación das solicitudes será de cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210322/AnuncioG0596-160321-0006_gl.pdf