MICROCREDENCIAL UNIVERSITARIA EN DEREITOS LABORAIS E SAÚDE: CARA A UN BENESTAR 360°

25. 11. 27

MICROCREDENCIAL UNIVERSITARIA EN DEREITOS LABORAIS E SAÚDE: CARA A UN BENESTAR 360°

Trátase dun título universitario oficial que conta con acreditación na Unión Europea a través de Europass.

O seu principal obxectivo é impulsar a aprendizaxe permanente e facilitar a adaptación da cidadanía ás demandas actuais do mercado laboral.
En particular, o que se ofrece é unha formación especializada sobre os dereitos das persoas traballadoras, con especial atención ás novidades lexislativas e a súa relación coa saúde laboral.

Será impartida por profesionais de recoñecido prestixio e terá un enfoque teórico-práctico.

Datos principais do programa:

  • Título: Microcredencial Universitaria en Dereitos Laborais e Saúde: Cara a un Benestar 360°
  • Duración: 30 horas (3 ECTS)
  • Datas: do 16 de abril ao 28 de maio de 2026
  • Horario: xoves, de 16:00 a 20:00 h
  • Prezo de matrícula: 73,23 €
  • Matrícula gratuíta para persoas desempregadas; persoas membros dunha familia numerosa; persoas con discapacidade; vítimas de terrorismo de violencia de xénero ou sexual; persoas beneficiarias do IMV ou equivalente (RISGA); persoas refuxiadas; e persoas con rendas baixas.
  • Requisitos de acceso: non se require titulación previa, só estar comprendido entre os 25 a 64 anos.

Ligazón: https://www.usc.gal/es/estudios/propios/posgrado/curso-formacion-especifica-microcredencial/20252026/microcredencial-universitaria-derechos-laborales-salud-cara-bienestar-360deg