O próximo día 7 de abril dará comenzo en A Estrada o curso de Monitor/a de comedor escolar e acompañante de transporte escolar organizado polo Servizo de Inclusión Sociolaboral do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.
LUGAR: O curso desenvolverase nas instalacións do Casa da Música da Estrada na Avenida Benito Vigo número 94
HORARIO: de 9.30 H a 13.30 H
Cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Para inscribirse é preciso ser demandante de emprego.
Os contidos desta formación son os seguintes:
- Módulo de Monitor/a de comedor escolar (45h).
- Módulo de Acompañante de transporte escolar (45h).
- Módulo de Igualdade de oportunidades, Medio ambiente e Innovación social (4h).
O número máximo de prazas nesta convocatoria é de 15 alumnos.
As persoas interesadas poden apuntarse no whatsapp 647 32 00 07, no teléfono 886 151 266 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

