Dende a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, lánzase a Microcredencial Universitaria en Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia, unha nova proposta formativa dirixida a persoas interesadas en coñecer e explorar o cooperativismo como alternativa de emprendemento e desenvolvemento profesional.
Esta microcredencial ten como obxectivo achegar coñecementos prácticos sobre a creación e funcionamento das cooperativas, así como sobre as oportunidades que ofrece a economía social para impulsar proxectos colectivos e sostibles no territorio.
A formación está dirixida a persoas, de entre 25 e 64 anos, que estean a valorar iniciar un proxecto empresarial, persoas en busca de novas oportunidades profesionais e profesionais que acompañan procesos de emprendemento.
Prazo prescrición ata o 31 de marzo 2026 | Prezo: 44,50 €
Información:

