CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE
RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2026 (código de procedemento PL500C).
– Celga 4, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:
23 de maio de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z e A. 24 de maio de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L.
– Celga 3, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid: 30 de maio de 2026, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid: 31 de maio de 2026, para todas as persoas admitidas.
– Celga 1, en Santiago de Compostela: 6 de xuño de 2026, para todas as persoas admitidas.
Os centros de realización das probas serán: – En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10)- para o Celga 4, Celga 3 e Celga 2-e a Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2)-para o Celga 1-. – En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n). – En Madrid: a Casa de Galicia en Madrid (rúa de Casado del Alisal, 8).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260430/AnuncioG0766-230426-0001_gl.pdf

