De acordo coa RESOLUCIÓN do 07 de xaneiro de 2026 (DOG Núm. 10, do 16 de xaneiro), pola que se convocan ditas probas, os datos principais da convocatoria son os seguintes:
- Inicio do prazo de inscricións: luns, 04 de maio, ás 00:01 horas
- Remate do prazo de inscricións: mércores, 13 de maio, ás 23:59 horas
- Onde inscribirse: na web do CeMIT
- Soamente unha inscrición por persoa participante: unha única localidade, día u hora.
- Antes do remate do prazo de inscrición é recomendable que as persoas participantes comproben que figura correctamente rexistrada a súa inscrición na dirección electrónica: https://aulascemit.xunta.es/usuarios, así como os seus datos persoais, que serán os que figuren na certificación de competencias dixitais que se obteña e que emitirá a Amtega.
Pode atopar máis información desta convocatoria na web:
https://cemit.xunta.gal/gl/convocatorias-probas-de-certificacion-nivel-iniciacion-xu%C3%B1o-2026
- DATA DAS PROBAS: 17, 18 e 19 de XUÑO
- PRAZO DE INSCRICIÓN: do luns 04 ata o mércores 13 de maio, inclusive

