Curso gratuíto de Ofimática (190 horas) que comezará o próximo 6 de xullo en Santiago de Compostela.
É unha formación dirixida a persoas desempregadas rexistradas no Servizo Público de Emprego de Galicia, con titulación mínima de ESO ou equivalente, e con coñecementos básicos de informática que queiran mellorar as súas competencias dixitais ou reforzar o uso de ferramentas informáticas no seu día a día.
Ao longo do curso traballarase con ferramentas como Word, Excel e correo electrónico, que son amplamente utilizadas tanto no ámbito laboral como no persoal.
DATA DE INICIO: 06/07/2026
DATA DE FIN: 01/09/2026
INSCRICIÓNS
TELÉFONO: 650 017 205
MAIL: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

