CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no punto quinto desta resolución.
O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:
– Desde o 29 de xuño ata o 10 de xullo de 2026, para os cursos do primeiro cuadrimestre.
– Desde o do 2 ao 13 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre.
Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.
O prazo para a presentación desta documentación será o seguinte:
– Do 14 ata o 23 de xullo de 2026, para os cursos do primeiro cuadrimestre.
– Do 17 ata o 26 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260623/AnuncioG0761-150626-0001_gl.pdf

