Valedor do Pobo
RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2021 pola que se aproba a convocatoria da segunda edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de
grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
Requisitos
Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade.
Os traballos deberán ter sido lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2020/21.
Os traballos serán presentados en idioma galego ou castelán. No caso de que se presentasen en idioma distinto dos anteriores, deberá achegarse tradución.
As solicitudes presentaranse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata o 15 de outubro de 2021.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210426/AnuncioG2022-160421-0001_gl.pdf