Desde Acción contra a fame quérente convidar á Xornada sobre economía social que organizn o próximo 20 de maio en modalidade en liña. Este encontro diríxese a todas aquelas persoas interesadas en emprender e crear cooperativas ou negocios de economía social, que son os constituídos por dous ou máis de dúas persoas.
Nesta xornada Dani Diéguez contaranos as razóns para emprender en colectivo e como facelo (exemplos, figuras xurídicas e apoios). Tamén contaremos coa participación de dúas cooperativas que deron o paso e crearon negocios no mundo da economía social.
PARTICIPARÁN NA XORNADA:
Pomba Gallego: Delegada da zona Centro Norte de Acción contra a fame, que nos dará as claves deste Programa de emprendemento colectivo.
Olga Rivas: Directora da Fundación Roberto Rivas, que nos explicará as razóns do seu apoio ao Programa.
Dani Diéguez, cooperativista e mentor de proxectos de emprendemento cooperativo, que nos contará por que emprender en colectivo e como avanzar coa idea para facela realidade.
Isabel Costas, Presidenta de tres Fuciños, S. Coop. Galega e Eva Rosende, socia fundadora de Artigo 14 S. Coop. Galega, que achegarán a súa experiencia concreta.