Consellería de Política Social
ORDE do 10 de maio de 2021 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2021 e se procede á súa convocatoria
(códigos de procedemento BS303A, BS303F, BS303G e BS303H).
Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social oferta a programación de actividades para o ano 2021 que se detalla no anexo I (códigos de procedemento BS303A, BS303F, BS303G e BS303H).
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.
2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web
http://xuventude.xunta.es/.
As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial que posibilite a participación do/da mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) Material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) O transporte desde Santiago de Compostela ou lugar que se sinale como punto de saída ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela, nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas.
O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210519/AnuncioG0425-100521-0004_gl.pdf