XUNTA DE GALICIA ABRE PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPO DE VOLUNTARIADO TRANSFRONTEIRIZO DA EUROCIDADE CHAVES- VERIN

21. 05. 21

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado vén de convocar o campo de voluntariado transfronteirizo co obxectivo de crear unha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que queiran experimentar e crear a base do seu proxecto persoal.

  • Os obxectivos específicos que se perseguen con esta actividade son:
    Dar a coñecer novas fórmulas para que os mozos e mozas teñan iniciativa, sentido crítico e autonomía.
    Fomentar ideas innovadoras a través da creatividade.
    Dotar aos mozos e mozas de habilidades e competencias que os preparen para o mundo laboral.
    Crear unha actividade multidisciplinar a través da inmersión cultural e etnográfica para a dinamización xuvenil a través das novas tecnoloxías.
    Dinamizar a zona Chaves-Verín a través de programas creados polos mozos e mozas, cun claro valor social.
    Poderán inscribirse de maneira gratuíta todas aquelas mozas e mozos galegos e portugueses de entre 18 e 30 anos, ambos inclusive, até completar as 12 prazas dispoñibles.

O programa inclúe aloxamento en réxime de pensión completa, transporte no ámbito da actividade (non se inclúe o desprazamento até a cidade transfronteiriza), equipos técnicos e acompañamento por equipo técnico.

Os campamentos levaranse a cabo desde o 21 até o 26 de xuño, comezando o primeiro día ás 12:00 horas e rematando o último ás 15:00 horas.

O prazo de inscrición estará aberto até o 15 de xuño na seguinteligazón

PROXECTO EUROCIDADE_2020

O proxecto Eurocidade_2020, aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sostible.

Socios/as do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Desporto e Juventude (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/estatica.asp?idSeccion=236