Contido:
Emprendemento innovador.
RRSS e internet. Dixitalización.
Competencias e habilidades.
Cultura e creatividade.
Cada xornada enfocarase a un ámbito concreto e comezará cunha charla formativa e inspiradora a cargo dunha persoa recoñecida no seu eido.
Serán profesionais, empresarios/as, creativos/as relevantes na contorna e no panorama autonómico tales como:
Os/as divulgadores/as científicos/as Jorge Mira e Deborah García, o consultor de márketing e emprendemento Javier Varela, a xornalista e influencer Patricia García @donkeycool ou o creador de contido en RRSS Coque Macho
Quen pode participar? Principalmente mozos e mozas universitarios/as, aínda que se pode inscribir a mocidade en xeral, de 18 a 30 anos.
Cando?
Todos os mércores de maio e xuño.
Onde?
Haberá un escenario central en cada campus.
◾Vigo: Edificio Miralles.
◾Santiago de Compostela: na facultade de Dereito.
◾A Coruña: na sede da Once.
◾Ourense: na facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
Non te perdas esta oportunidade ‼‼ Só 20 prazas por sesión ‼‼
Inscrición: http://xuventude.xunta.es/primavera-xove/encontros