CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS NAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS PROFESIONAIS NAS MODALIDADES DE MÚSICA, DANZA, ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO NA CCAA DE GALICIA

21. 06. 07

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311F).

Poderanse conceder ata seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución: tres (3) premios na modalidade de Música, un (1) na modalidade de Danza e dous (2) na modalidade de Artes Plásticas e Deseño. Non se poderá conceder máis dun premio por especialidade na modalidade de Música ou por familia profesional na modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

A dotación para os premios será de 6.000 euros, con cargo á partida orzamentaria 10.30.423A.480.1 dos orzamentos do ano 2021, que se distribuirán entre os premiados na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 euros por premio. Estas contías estarán suxeitas ás retencións que legalmente lles correspondan.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210607/AnuncioG0598-200521-0011_gl.pdf