CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO RENDEMENTO ACADÉMICO CORRESPONDENTE AO CURSO 2020-2021

21. 06. 07

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311D).

Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.

Cada premio estará dotado con 800 €, con cargo á partida orzamentaria 10.30.423A.480.1 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dos orzamentos
do ano 2021, cunha dotación global de 16.000 €. A concesión das axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado para este fin.

O prazo de solicitudes será dun mes; comezará o día 7 de xuño de 2021 e rematará o día 6 de xullo de 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210604/AnuncioG0598-250521-0009_gl.pdf