Webinar sobre os requisitos das entidades colaboradoras do programa Re-acciona Covid-19!!!
O IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) ten aberto o proceso de selección das entidades colaboradoras que xestionarán o Re-acciona covid-19, o programa que ofrecerá servizos de asesoramento especializado ás empresas galegas para que poidan adaptarse ao novo contexto económico.
Para coñecer os requisitos que deben cumprir as entidades colaboradoras, o Igape celebra unha xornada informativa o vindeiro venres, 11 de xuño, ás 13 horas.
Podes atopar os detalles deste procedemento de selección das entidades colaboradoras do programa Re-acciona covid-19:
DOG:https://lnkd.in/dwZAYwH
IGAPE: https://lnkd.in/dq5yrwY
Anímate e inscríbete na seguinte ligazón: https://lnkd.in/dVcrZqj
Máis información do webinar: https://lnkd.in/d4aWMyb