CONVOCATORIA DA PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE EN GALICIA PARA PERSOAS MAIORES DE 45 ANOS

21. 01. 12

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) convoca a Proba de Acceso á Universidade para as persoas maiores de 45 anos, correspondente ao ano 2021, no ámbito das tres Universidades de Galicia (UDC, USC e Uvigo).

Prazo de matrícula: do 8 ao 12 de febreiro, ambos os dous inclusive, de acordo coas instrucións que indique a CiUG na súa páxina web (http://ciug.gal/).

Requisitos: Poden matricularse para realizar a proba as persoas que cumprisen ou cumpran 45 anos de idade no ano natural en que teña lugar a proba e que non posúan ningunha titulación académica habilitada para acceder á universidade por outras vías.

Datas exame: o sábado 27 de febreiro, a partir das 8.30 horas, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Prezo xeral: 63,67€.

Máis información e bases da convocatoria: https://lnkd.in/dKEijMu

Contacto CIUG: Facultade de Dereito, 3º andar -Campus Vida- 15782 Santiago de Compostela.  881 813 452