CONCELLO DE SANTIAGO ORGANIZA OBRADOIRO "CAMIÑO AO EMPREGO EN GADIS"

21. 07. 08

O Concello de Santiago de Compostela, a través do departamento de Emprego e o CEXTEC (Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela) organiza un ciclo de xornadas sobre o emprego, o talento e o desenvolvemento económico, en que axentes do tecido produtivo e da comunidade investigadora de Compostela transmitirán os seus coñecementos e iniciativas na xestión do talento para innovar, mellorar a produtividade e crear emprego de calidade.

Obxectivo xeral

Explicar as etapas do proceso de incorporación en Gadisa.

Obxectivos específicos do obradoiro

  • Definir os perfís demandados en Gadisa
  • Coñecer as fontes de recrutamento de candidaturas
  • Describir o procedemento de selección

Público destinatario

Persoas interesadas en formar parte de Gadisa.

A xornada terá un formato de relatorio divulgativo atendendo ao público obxectivo, incorporando aquelas dinámicas prácticas que contribúan á aprendizaxe das participantes.
 
  • Xoves 15 de xullo de 2021, de 11.00 a 13.00 h.
  • Salón de actos do edificio administrativo Cersia
  • Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, Santiago de Compostela

Inscrición: https://www.cextec.com/ciclo-de-xornadas/gadis/?fbclid=IwAR03RNzSyJ9Ob0WiRkrKuAKFGcwPRPyQkaVoX9bYeGxg81VlksT6BYMzUbM