O MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA E RETO DEMOGRÁFICO PON EN MARCHA O PROGRAMA FORMATIVO CAMPUS RURAL

21. 07. 08

Campus Rural pon en marcha un programa formativo que permitirá aos/ás estudantes universitarios/as  facer prácticas académicas en empresas, administracións e organizacións de contornas rurais.

O obxectivo de Campus Rural é desenvolver experiencias de inmersión rural en municipios de menos de 5.000 habitantes  para recuperar os lazos culturais, emocionais e laborais dos/as mozos/as co territorio.

Campus Rural poñerase en marcha no curso 2021-2022 para 200 universitarios/as con prácticas formativas de entre 3 e 5 meses  cunha prestación económica de 1.000 euros brutos ao mes.

Campus Rural combate o despoboamento con formación e talento para reducir a brecha urbano-rural e impulsar o papel da Universidade na axenda de cohesión territorial que marca o Plan Reto Demográfico

CRONOGRAMA:

- 30 DE OUTUBRO: data límite para a presentación de proposta de prácticas por parte das entidades de entornos rurais propoñentes.

- 15 DE NOVEMBRO: data límite para que as universidades envíen á Comisión Xestora do programa as propostas preseleccionadas.

- 15 DE FEBREIRO: data límite para a validación das propostas por parte da comisión xestora do programa

- 15 DE DECEMBRO: data límite para a asignación de estudantes ás prácticas 

Todos os detalles nesta guía práctica: https://www.miteco.gob.es/es/guia_practica_tcm30-528960.pdf