Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2021/22, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.
Os cursos impartiranse entre outubro de 2021 e maio de 2022, en horario de mañá ou de tarde.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo http://www.eoidigital.com/preinslinguagalega
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2021, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro), e desde o 4 ata o 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
Cada curso terá unha duración de 60 horas lectivas.
As persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Ordenador con conexión á internet de banda larga.
– Navegador web.
– Conta de correo electrónico especificada na solicitude (distinta de yahoo).
– Micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz.
1. Os cursos do primeiro cuadrimestre comezarán o día 25 de outubro de 2021 e rematarán o 16 de xaneiro de 2022.
2. Os cursos do segundo cuadrimestre comezarán o día 21 de febreiro e rematarán o 8 de maio de 2021.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210813/AnuncioG0598-030821-0001_gl.pdf
Tes toda a información sobre os CELGA na seguinte ligazón: https://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga