A finalidade desta convocatoria é promover e incentivar a investigación nos centros docentes que impartan ensinos de etapas previas á universidade, mediante a concesión de premios a traballos relevantes de investigación científica ou tecnolóxica realizados polos alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato ou Formación Profesional.
Está dirixido a novos/as estudantes de entre 15 e 20 anos, busca espertar vocacións científicas nas etapas previas á universidade, enfrontándolles a un triplo reto: explorar a súa contorna para identificar algún interrogante cuxa explicación descoñezan; documentarse sobre o tema, e propoñer e demostrar empíricamente unha solución para o seu problema.
PERSOAS BENEFICIARIAS