A Xunta de Galicia a traves do Centro Superior de Hostalaría pon en marcha varios cursos gratuítos co obxectivo a mellora das competencias profesionais do sector turístico galego no Xacobeo 21/22.
PERSOAS DESTINATARIAS
- Emprendedoras/es, directivas/os, xefas/es de departamento de empresas do sector turísticos galego ( axencias, aloxamentos, transportes, ocio...) que desexen cooperar con outras empresas para a creación de produtos turísticos.
- Este programa formativo está deseñado para que poidan participar varios profesionais dunha mesma empresa.
200 Prazas.
METODOLOXÍA
- Curso Online de 18 horas a través da plataforma de teleformación de Turismo de Galicia, repartidas en 6 sesións nas que os alumnos deberán asistir ao 80% das mesmas.
- Ademáis do contido formativo, o programa se complementa co desenvolvemento dunha de implementación práctica con pasos a seguir e exercicios a desenvolver.
- O programa aportará aos participantes manuais e sesións en directo, centro de asistencia telefónica e un sistema de mensaxería colaborativa para favorecer o networking entre as empresas turísticas galegas.
DATAS: Do 19 de Outubro ao 23 de Novembro de 2021.
HORARIO: Martes19, 26 de outubro; 2,9,16 e 23 de novembro de 10 a 13 horas.
FORMADORES/AS:
◾Jimmy Pons – Sustentabilidade e Innovación.
◾Joantxo Llantada – Marketing e Comercialización.
◾Tirso Maldonado – Estratexia e sinerxia.
◾Silvia Suárez – Soporte e Dinamización.
PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación nos webinars interactivos e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación.
INSCRICIÓN: https://lnkd.in/d7uAShdf
MÁIS INFORMACIÓN:
Portal turismo: https://lnkd.in/dJmEBKxQ