III FEIRA DE EMPRENDEDORAS DE COMPOSTELA: AS UNIVERSITARIAS

21. 10. 18

A semana do 25 deste mes de outubro terá lugar unha serie de actividades relacionadas co #emprendemento das  universitarias.

Estas actividades están organizadas por #womanemprende da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Santiago.

A finalidade deste traballo conxunto é que a poboación compostelá e a comunidade universitaria, coñeza a mulleres, que coa súa formación foron quenes de emprender, crear tecido empresarial e xerar emprego baseado no coñecemento.

Lugar: Pazo de Fonseca para impartir formación teórica sobre emprendemento e #empregabilidade, formación práctica e a celebración da III Feira das Emprendedoras de Compostela

https://womanemprende.org/novidade/3_feira_de_emprendedoras