Lembra que dous meses antes do inicio de cada acción formativa estará visible no buscador de formación da Consellería de Emprego e Igualdade a través deste enlace, coa información detallada máis salientable de cada actividade (especialidade que se impartirá, contidos, nivel de certificado profesional, data de inicio prevista, horario, modalidade de impartición, localidade, centro de formación e datos de contacto do mesmo), incluíndo tamén os pasos a realizar para poder anotarse a aquelas accións formativas que sexan de interese para cada persoa.
Por último, resaltar que estas accións formativas son de balde para todo o alumnado.