Escola Galega de Administración Pública
RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia.
As persoas destinatarias destas actividades son:
• O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes públicos instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración. Cuarta.
Desenvolvemento Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: os martes 16 de novembro e 14 de decembro de 2021.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas cada xornada.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211103/AnuncioO150-281021-0001_gl.pdf