QUERES PARTICIPAR NA X FEIRA DE EMPREGO DA CÁMARA DE COMERCIO DE CORUÑA

21. 11. 24

REQUISITOS:
◾Persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
◾Inscrición previa a través do formulario de asistencia.

As persoas participantes na X Feira de Emprego descubrirán os itinerarios profesionais máis demandados na actualidade a través de seminarios que lles permitirán potenciar as súas habilidades e afrontar con éxito os procesos de selección.

Haberá unha caseta para consultas concretas sobre mobilidade e oportunidades profesionais en toda Europa (prácticas en empresas), e unha Orientadora Laboral ofrecerá asesoramento personalizado aos mozos e mozas segundo os seus perfís e experiencia.

Durante toda a mañá ofrecerase ás persoas participantes a posibilidade de realizar entrevistas presenciais con decenas de empresas de 1º nivel que buscan novos perfís laborais.

CANDO: Martes 30 de Novembro de 2021.

HORARIO: de 9:00 a 15:00 h.

LUGAR: PALEXCO (Peirao de Transatlánticos, s/n. (15003 - A Coruña).

MÁIS INFORMACIÓN:
Portal: https://lnkd.in/d_4WbavJ
 981 216 072
 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.