CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE CONVOCA 142 AXUDAS AO ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA ESTADÍAS NALGÚN ESTADO MEMBRO DA UE DURANTE O VERÁN 2022

22. 01. 10

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 22 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2022, co obxecto de coñecer a lingua dese país (código de procedemento ED416A).

Período e dotación da axuda

1. As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas presencialmente no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2022, ambos incluídos.

2. A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 euros.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2021/22, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos con data do 30 de setembro de 2021, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados. O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.

b) O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluídas as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberase corresponder co idioma oficial do país elixido.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2022.

Toda a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220110/AnuncioG0598-251121-0007_gl.pdf