CONSELLERIA DE EMPREGO E IGUALDADE CONVOCA PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL (EN ALGUNHAS UNIDADES DE COMPETENCIA)

22. 01. 26

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2022 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento TR305A).

Cun total de 460 prazas nas unidades de competencia que se indican no anexo I e cun total de 1.600 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 240 prazas, nas seguintes unidades de competencia:

• UC0080_2. Efectuar a vixilancia e protección de bens e persoas en espazos delimitados e do transporte de fondos e obxectos valiosos.

• UC0081_2. Efectuar o acompañamento, defensa e protección de persoas ou grupos concretos.

• UC0082_2. Efectuar a vixilancia e protección de fábricas, depósitos e transporte de explosivos, armas, cartucharía e substancias perigosas.

– Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes (SAN122_2): 170 prazas, nas seguintes unidades de competencia:

• UC0360_2. Colaborar na organización e no desenvolvemento da loxística sanitaria en escenarios con múltiples vítimas e catástrofes, asegurando o abastecemento e a xestión de recursos e apoiando os labores de coordinación en situacións de crise.

• UC0361_2. Prestar atención sanitaria inicial a múltiples vítimas.

• UC0362_2. Colaborar na preparación e na execución de plans de emerxencias e de dispositivos de risco previsible.

• UC0072_2. Aplicar técnicas de apoio psicolóxico e social en situacións de crise.

Amarre de porto e monoboias ( MAP404_1) e unha unidade de competencia UC0010_1: 50 prazas, nas seguintes unidades de competencia:

• UC1308_1. Realizar as operacións de amarre e desamarre de buques en porto.

• UC1309_1. Realizar as operacións de amarre, conexión/desconexión de mangueiras e desamarre de buques a monoboias.

• UC0733_1. Actuar en emerxencias marítimas e aplicar as normas de seguridade no traballo.

• UC0010_1. Contribuír ás operacións de cuberta nunha embarcación pesqueira.

O prazo de inscrición será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220126/AnuncioG0599-301221-0005_gl.pdf

Se precisas máis información podes contactar co departamento de orientación laboral do Concello da Estrada chamando ao teléfono 986 677 788