Itinerario formativo: DOCENCIA DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO
Data de inicio: 09.03.2022
Horario: 09:00 a 14:00
Lugar: Maria del Carmen Míguez Álvarez S.L. – Rúa Joaquín Loriga, nº 20 ent. 20n Lalín.
Axuda económica: para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza iguais ou superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.
Dirixido a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra, con titulación de bacharelato e que se atopen incluídas nalgún dos seguintes colectivos:
- Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
- Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
- Persoas maiores de 55 anos
- Persoas con discapacidade
- Inmigrantes
- Minorías étnicas e comunidades marxinadas
- Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
- Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais
Para participar no proceso de selección é necesario facer a preinscrición na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=72018166&siacode=2148482
Para mais información pode poñerse en contacto no teléfono: 986804100 ( ext 40846) ou no e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.