Academia Galega de Seguridade
Pública RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados/ as ou graduados/as en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos/ as superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Destinatarios/as
Persoas interesadas na inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia, por medio da acreditación da formación mínima establecida no artigo 4.1, letras E), G), I), J), e no 4.2, letras E), G), H), I), J), do Decreto 152/2021, do 21 de outubro.
Requisitos xerais:
a) Cumprir os requisitos establecidos no artigo 4.1, letras E), G), I), J), e no 4.2, letras E), G), H), I), J), do Decreto 152/2021, do 21 de outubro.
b) Non estar inscrito de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia.
O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220207/AnuncioO3C2-290122-0001_gl.pdf