CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE CONVOCA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE DETERMINADOS CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS

22. 02. 15

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 7 de febreiro de 2022 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2022 (código de procedemento ED527A).

Carnés profesionais:

– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.

– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría

Habilitacións profesionais:

– Operador/a industrial de caldeiras.

– Instalador/a de gas, categoría A.

– Instalador/a de gas, categoría B.

– Instalador/a de gas, categoría C.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.

– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados

Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.

b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

Prazo de presentación de solicitudes

1. Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de febreiro ao día 8 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

2. Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 20 de xuño ao día 4 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220215/AnuncioG0598-080222-0001_gl.pdf